Encantar coas palabras, intención última de Álvaro Cunqueiro

Encantar coas palabras, intención última de Álvaro Cunqueiro
04 de Abril, 2019 - 10:40 h. | Publicada por Radio Fene

“Eu non me evado, nin axudo a ninguén a evadirse. Enfrontome simplemene cos tristes, porque creo que a tristeza traizoa a condición humana”. Son palabras de Álvaro Cunqueiro, autor do libro “Xentes de aquí e dacolá” que hoxe comentamos no club de lectura de Radio Fene Radiofusión. Participaron o catedrático de Lingua e Literatura Galega Alexandre Ripoll, Esther Val, Andrés C.M:Riveira e Henrique Sanfiz.

ESCOITA O PODCAST:
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión

“Xentes de aquí e dacolá” forma unha triloxía con “Escola de menciñeiros” e “Os outros feirantes”. Son retratos de personaxes nos que o escritor mistura o humor, a fantasía e as lendas. E neses retratos, Galicia está moi presente. A intención última de Cunqueiro é encantar coas palabras como o encantador de serpes coa frauta. Para él a parte dos soños da persoa, é tan decisiva e importante como as outras parcelas da vida humana.

Cultura

Publica o teu comentario agora