Encontro en liña de mulleres xornalistas

Encontro en liña de mulleres xornalistas
22 de Xuño, 2020 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

A MMM organiza o Encontro de mulleres xornalistas 2020, cuxo lema central é "As mulleres que opinan son perigosas". Este ano debe ser telemático e celébrase os dias 26 e 27 de xuño en ZOOM.

Os vindeiros 26 e 27 de xuño terá lugar o “Encontro en liña de mulleres xornalistas 2020" organizado pola Marcha Mundial das Mulleres. Por terceiro ano consecutivo, deseñan desde Pontevedra o foro “As mulleres que opinan son perigosas” que reúne mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e da escritura. A do 2020 será unha edición especial e diferente porque se desenvolverá a través de internet, á espera de volver reunirse fisicamente en 2021. É necesario inscribirse para poder participar no encontro a través de ZOOM.

O programa:

O venres 26 ás 17 horas ábrese o encontro coas xornalistas, Claudia Morán e Tamara Montero, para falar das mulleres na opinión que titulan “Un elefante rosa nas redaccións”. Seguiralles ás 18h, a xornalista, Clara Jiménez Cruz, cofundadora de Maldita.es, que falará de “periodismo para que no te la cuelen”. Pechará a xornada do venres, a directora de La Marea, Magda Bandera, cunha intervención sobre os medios cooperativos e con perspectiva de xénero.

O sábado 27, desde as 11h, a xornalista de Newtral.es, Noemí López Trujillo, abordará as reportaxes feministas. Seguirá a xornalista Ángeles Caballero falando de “ Actualidad política. Humor y color en la crónica” . Pechan contra as 13h, Sara Vila e Selina Otero, xornalistas de Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, abordando a crise da Covid19 desde unha perspectiva local e a educación que vén.

 

(Concentración de xornalistas galegas en A Coruña. 8 de marzo 2018)

Cultura

Publica o teu comentario agora