ENDESA: cero accidentes

ENDESA: cero accidentes

01 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A plantilla de Endesa en As Pontes participa ao largo desta semana en diversas actividades para celebrar a Semana da Seguridade, una iniciativa coa que a empresa pretende formar aos seus empregados nos valores da prevención de riscos laborais. Conferencias, reunións monográficas, rondas de seguridade e simulacros de emerxencia forman parte do programa de actos.

Endesa fixou o obxetivo “cero accidentes”, co que pretende erradicar os sinistros nos seus centros de traballo, tanto para a propia plantilla como das empresas contratistas. Dahí a organización dos actos que se celebran nas centrais que a compañía ten en As Pontes.

Na central térmica de carbón, a semana inicióuse cunha sesión formativa na que o director, Luís Fernández Sabugal, e un equipo de expertos presentaron ponencias sobre a seguridade. Onte o equipo directivo realizóu rondas de seguridade pola central e hoxe, técnicos de doce empresas contratistas foron convocados a unha reunión para informalos do alto nivel de esixencias de Endesa en prevención de accidentes laborales. O programa inclue a  realización dun simulacro de accidente, co fin de entrenar ao personal nos métodos para afrontar incidencias.

Finalmente, nunha xuntanza celebrada esta mañán o responsable da central de gas, Miguel Ángel Asún, felicitou á plantilla porque a 30 de novembro se cumplen tres anos consecutivos sen accidentes.   

Sociedade