ENDESA quere recortar plantel do ciclo combinado

ENDESA quere recortar plantel do ciclo combinado

03 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Dende onte e ata o vindeiro venres, día 5, os membros do Comité de empresa da factoría de Endesa en As Pontes, permanecen pechados nos locais deste comité en protesta pola pretensión da compañía de recortar a plantilla do ciclo combinado, deixándoa en 30 traballadores, dos 39 que ten na actualidade. Unha manobra que mermará unha plantilla xa nestes momentos demasiado moi escasa para atender a actividade do ciclo combinado de As Pontes.

O presidente do comité de empresa, Luís Varela, explica que este tipo de centrais traballan no que se denomina "enerxía de reserva" pola capacidade que teñen de poñerse en marcha e xerar con rapidez en momentos de caída doutras fontes e por un incremento da demanda.

Precisamente, a actividade do ciclo combinado de As Pontes no que vai de ano rexistrou 70 arranques, producindo máis de 60 gigavatios, superando significativamente as previsións dos 46 que manexaba a dirección de Endesa para os tres exercicios, 2013, 2014 e 2015. Por isto, o comité pregúntase que hai destrás do recorte de persoal anunciado que, en ningún momento, ten en conta o volume de actividade real.

Ademais do peche que remata o venres, o comité de Endesa anuncia concentracións diante da central de ciclo combinado para hoxe e mañá, ás 15.15 horas. As asembleas do venres, están convocadas ás 11.30 e 15.30 horas para informar destas medidas e sobre a negociación do IV convenio colectivo.

Sociedade