Endesa reparte hoxe o maior dividendo da historia a costa dun endebedamento millonario

Endesa reparte hoxe o maior dividendo da historia a costa dun endebedamento millonario

29 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A actualidade destes tempos de crise permite contrastes autenticamente grotescos. Se onte Cáritas alertaba de que en España tan só unha de cada tres persoas vive hogano con todas as necesidades cubertas, sen privacións, nese mesmo Estado hoxe vaise producir o maior reparto de dividendos empresariais na súa historia. Endesa, a que foi empresa enerxética baixo control público do Goberno, privatizada durante a Administraci&oacut

Para ofrecer o enorme dividendo non se obteñen os cartos dos beneficios de Endesa, quen en 2013 foron de 2.900 millóns de euros. O reparto quintuplica esa cifra. O diñeiro procede da venda dos activos de Endesa en Chile e da apertura dunha liña de crédito de 1.000 millóns de euros e un préstamo de 4.500 millóns máis contratados cunha entidade domiciliada nos Países Baixos. Esta financeira, non por casualidade, é tamén propiedade de Enel. O endebedamento, que obrigará á obtención de novos ingresos para sufragalo, acabará repercutindo sobre o peto duns consumidores que xa ven periodicamente dispararse o recibo da electricidade.

Sociedade