A endometriose afecta a máis de sesenta mil galegas

A endometriose afecta a máis de sesenta mil galegas

21 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Cerceda

A deputada do BNG, Montse Prado, denunciou a “inacción” do Goberno sobre un asunto que afecta a máis de 60.000 mulleres e recriminou ao  PP que incumpra o acordo parlamentario aprobado o  22 de abril de 2015 para poñer en marcha  medidas sobre esta doenza que afecta a máis de 60.000 mulleres en Galiza. A parlamentaria cualificou de “indecente”  que o Goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza incumpra os acordos parlamentarios o c

A deputada do BNG, Montse Prado, lembrou que no mes de novembro do ano 2015 foi aprobado un acordo parlamentario para difundir a Guía de coidados a mulleres con endometriose, crear un grupo de traballo, no prazo de seis meses, para avaliar a posta en marcha dun Plan de detección precoz da endometriose así como fomentar o coñecemento da doenza entre as mulleres en idade fértil e de maneira singular entre as menores de 25 anos.
A deputada nacionalista denuncia que a guía non foi difundida, non existen os grupos de traballo  nin  centros de referencia.

Pasado o tempo, dixo, o acordo “non se cumpriu” e mesmo o director xeral de Asistencia Sanitaria, Ares Rico, na súa comparecencia no Parlamento “non se comprometeu” a efectivizar os puntos aprobados afirmando categoricamente  “que non cumprirían o acordo”. Asemade, o BNG presentou unha pregunta escrita o 7 de xaneiro do 2016 na que se nos traslada como resposta que a publicitación da guía foi remitida aos servizos de xinecoloxía cando en realidade, recalcou a nacionalista, a guía só  está publicada na páxina do Ministerio para que sexa consultada polos profesionais de saúde.

Montse Prado  recalcou que a endometriose  afecta a máis de 60.000  mulleres en Galiza , unha problemática que o BNG abordou no mes de abril do ano 2015 á instancias da  Asociación de mulleres “Querendo” que máis unha vez teñen que ser as afectadas as que presionen para que “o Goberno faga o que debería facer de oficio”. Pasados nove meses do acordo aprobado no Parlamento galego seguen sen existir unidades específicas, reiterou.

 O PP recoñece que non está a cumprir o acordo parlamentario

Pola súa parte, o portavoz do PP, Núñez Centeno, manifestou que a guía está publicada na páxina do SERGAS e do Ministerio e se está  a elaborar documentación sobre a enfermidade. Por todo isto cremos, afirmou, que  “ o acordo non se está a cumprir na literalidade, pero si no espírito”.

As mulleres non se curan co espírito dun acordo parlamentario

Na réplica a deputada respondeu que as mulleres no se curan “co espíritu” e negou que a guía estivera publicada na páxina do SERGAS. Montse Prado  lamentou que unha vez máis para o PP, a dor das mulleres non sexa unha prioridade e non se comprometa coas afectadas votando a favor do cumprimento do acordo parlamentario como reclamaba a iniciativa nacionalista.

Sociedade