A enfermidade viaxa

A enfermidade viaxa
21 de Xaneiro, 2024 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Incurable, progresiva e mortal”. Así é a enfermidade do alcoholismo. Viaxa con quen a padece cando intentan burlala, no que chaman fugas xeográficas das que nos falaron usuarios do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra.

ESCOITA O PODCAST:

“A enfermidade sempre te acompaña, vai na mochila”, lembra Miguel. Comprobouno el mesmo, pois marchou en varias ocasións. Madrid, Cádiz, Ferrol…cambiou de lugar sen éxito. “Culpas á cidade, pero ao pouco tempo veste facendo a mesma vida que aquí. O alcohólico ten unha visión distorsionada da realidade”.

“A primeira copa é a que nos mata”, advirte María José. “Poucas veces queres agarrar unha borracheira, é unha primeira copa para calmarte, quitar a angustia, pensar ben as cousas…e a partir de aí es incapaz de parar, outra máis e outra máis”, relata. “O alcohólico é o que non sabe controlar a súa maneira de beber”, din no Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora