Enrique Ramil…a por Eurovisión

Enrique Ramil…a por Eurovisión

28 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Faltan sete días para que remate o prazo de votación aos candidatos e candidatas que aspiran este ano a representar a España no Festival de Eurovisión. De manterense as diferencias que hoxe separan a uns dos outros, o aresán Enrique Ramil tería que conseguir máis de setenta mil votos para colarse na gala na que se escollerá ao mellor dos aspirantes. Difícil… pero non imposible.

“Es mi voluntad” é a canción coa que Enrique Ramil aspira a participar en Eurovisión 2010. É un tema pegadizo e bailable, realizado específicamente para o certame, segundo revelou o propio artista a Radiofusión. A composición e producción da peza correu a cargo do seu tío, Manuel Ramil, co que comparte un estudo de grabación onde, amais de preparar o que será o seu segundo dísco, realizan jingles e sintonías comerciais e de radio.

Para Enrique Ramil, esta aventura de Eurovisión non é máis ca unha forma de seguir abríndose camiño no complexo e competitivo mundo da música. Consciente de que o vai ter difícil para chegar á gala final que celebrará Televisión Española para escoller ao representante español no Festival, asegura sentirse satisfeito polos máis de catorce mil votos conseguidos ate o momento. Ademais, de non acadar o obxectivo, promete que o seguirá intentando en vindeiras ocasións.

Quen queira votar por Enrique Ramil e apoialo na súa carreira eurovisiva pode facelo na mesma páxina de RTVE ou a través de www.enriqueramil.com.

 

 

Sociedade