A ensinanza desta crise sanitaria

A ensinanza desta crise sanitaria
24 de Marzo, 2020 - 09:33 h. | Publicada por Radio Fene

Cando pase esta crise sanitaria teremos que facer balance para, seguro, descubrir que tal e como vamos isto é insostible. "O paradigma neoliberal fai augas" afirma Emilio Santiago nesta entrevista.

ESCOITA O PODCAST:

Emilio Santiago é autor, xunto con HéctorTejero, do libro “¿Qué hacer en caso de incendio?” Un texto que tenta advertirnos do que podería pasar se continúamos polo camino que vamos, en términos políticos, sociais e económicos.  Na sinopse deste libro dísenos: "Emilio Santiago e Héctor Tejero amósannos a magnitude do incendio que ameaza o noso futuro, e logo tratan de sinalarnos unha vía de escape cara á que dirixirnos e gañar tempo. Este horizonte de transformación urxente debe abrirse camiño entre dúas tentacións desmovilizadoras: o catastrofismo, que outorga ao colapso o status dun feito consumado, e o tecnoutopismo liberal, que pretende rebaixar a sustentabilidade a un problema técnico gestionable polo mercado. Isto implica asumir unha premisa fundamental: a crise ecolóxica é esencialmente unha disputa política".

Pretendemos trasladar esta advertencia ao que está sucedendo coa crise sanitaria que padecemos e preguntamos a Emilio Santiago se é extrapolable a súa teoría a esta crise. El amósase prudente e dínos que esta crise é suficientemente dura como para facer unha extrapolación das leccións que podemos sacar. Afirma Santiago que “ cando pase o peor é cando podemos ver de qué nos pode servir”. O autor de ¿Qué hacer en caso de incendio? concorda con José Mujica cando afirma que “este bichito nos ha enseñado las cosas supérfluas que tenemos” pero sigue sendo prudente sinalando que estamos nunha semana moi delicada.

No seu libro fala sobretodo do cambio climático e esta crise tamén nos amosa que se lle pode poñer freo. O exemplo está en China onde  descubrimos o descenso acentuado da contaminación despois das medidas adoptadas contra o coronavirus, ou en Venecia onde a auga dos canais é cristalina... Afirma Emilio Santiago que “é un indicio de que temos que afrontar cambios no proceso productivo”. "O paradigma neoliberal fai augas. Cunhas sanidades públicas fortes teriamos superado todo isto moito mellor" afirma Santiago, quen engade que recortar nisto “é unha ruína social e moral”.

Lembramos uns datos reveladores, España ten 3 camas hospitalarias por cada 1000 habitantes, por detrás de Nepal ou Singapur. Para Santiago, isto é un claro reflexo das políticas que temos sufrido nos últimos tempos. Conclúe que “o desmantelamento do público non se pode volver a repetir”.

(Emilio Santiago. Ferrol 1984. É doutor en Antropoloxía Social. É membro do Grupo de Investigación Transcisciplinar sobre Transicións Socioecol´ñoxicas e do grupo motor do manifesto "Última Llamada").

Sociedade

Publica o teu comentario agora