Enterro do berete en Chapela e baile de disfraces en Saxamonde

Enterro do berete en Chapela e baile de disfraces en Saxamonde

27 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

As festas do entroido chegan este fin de semana ao seu remate na parroquia de Chapela. Unha comitiva fúnebre partirá ás 19:00 horas dende o Alto da Encarnación en dirección a zona das Catro Pontes e finalizará na praia de Arealonga onde se oficiará o enterro do berete.

A música estará presente tamén co concerto “Imos de coplas” no multiusos da parroquia. As 19:30 horas subirán ao escenario os membros da Coral o Piñeiral e interpretarán un repertorio onde as coplas de entroido serán as protagonistas indiscutibles.

 

Baile en Saxamonde

 

O centro cultural Chan das Pipas acolle mañá sábado diferentes actividades para grandes e pequenos. Así, a partir das 17:30 horas celebraráse unha festa de disfraces para os máis cativos. A tarde estará acompañada de xogos e doces tradicionais para todos os asistentes que acudan disfrazados. Cara a noite a partir das 21:30 horas celebrarase un baile-mascarada para adultos que estará amenizado pola orquestra Tres punto Com.

A asociación Chan das Pipas convida a todas as persoas interesadas a participar nesta particular xornada de reflexión electoral e lembra que haberá premios para os mellores disfraces.

Sociedade