Entréganse os premios de literatura dramática da AGADIC

Entréganse os premios de literatura dramática da AGADIC

18 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Esta mañá fíxose entrega dos premios de literatura dramática convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Raúl Dans, coa obra Chegamos despois a unha terra gris, é o gañador da XVIV edición do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais; Xavier Lama obtivo o Manuel María de Literatura Dramática Infantil polo texto Os reloxos preguiceiros de Néboa, e os premios Barriga Verde de Textos para Teatro de Moni

Os catro autores galardoados percibirán unha dotación económica de 6.000 euros e os seus textos poderán ser publicados pola AGADIC nalgunha das coleccións de literatura dramática en colaboración con diferentes editoriais galegas.

O fallo destes premios deuse a coñecer na apertura oficial da Feira Galega das Artes Escénicas, acto presidido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, en compañía do director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero. Ambos percorreron a zona de mercado no Auditorio de Galicia, onde se sitúan 16 stands de asociacións e empresas escénicas. Roberto Varela incidiu no valor da Feira como punto de reunión e intercambio entre os diferentes profesionais ao tempo que animou a todos os axentes culturais a contribuír á orientación comercial deste encontro.

O público poderá acceder de xeito gratuíto ás montaxes da Feira, sempre en función do aforo dispoñible. O despacho de billetes abrirase unha hora antes do comezo de cada función e cada espectador poderá retirar un máximo de dúas entradas por espectáculo.

Sociedade