Entre a beleza e o terror

O guión do ferrolán gaña o primeiro premio de guión en galego.
23 de Decembro, 2019 - 08:38 h. | Publicada por Radio Fene

O ferrolán Rubén Coca gaña o I Premio de Guión en Galego da Asociación de Guionistas.

O xurado desta primeira edición, composto por Xosé AntónCascudo, Sara Gómez, Óscar Cruz, Xacobo Díaz, decidiu por unanimidade designar como gañador o guión Detrás da luz, deRubén Coca. A Fundación SGAE, en Compostela, acolleu durante a xornada de onte a gala de entrega do I Premio de guión en galego para longametraxe 2019, organizado pola Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) co apoio da Fundación SGAE e a colaboración de Filmarkethub.

O xurado desta primeira edición, composto por Xosé Antón Cascudo, Sara Gómez, Óscar Cruz e Xacobo Díaz, decidiu por unanimidade designar como gañador o guión Detrás da luz, de Rubén Coca. Estes escolleron o proxecto do guionista e director ferrolán por ser "unha proposta capaz de crear un universo propio, cun relato que flúe en clave simbólica entre a beleza e o terror, coa construción de secuencias que suxiren por si mesmas imaxes e inquietantes atmosferas"

"Detrás da luz" constitúe unha profunda reflexión sobre a condición humana que destaca ademais polo seu interese social e a viabilidade para a súa produción", explica o xurado.

Cultura

Publica o teu comentario agora