Entre a Feira do Viño e a Festa da Vendima

Entre a Feira do Viño e a Festa da Vendima

12 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

15 adegas poñerán á venda 20.000 botellas de viño elaborado con uva mencía, cultivada nas 1.200 hectáreas da subzona da Ribeira Sacra. A Feira do Viño de Chantada cumpre esta fin de semana 28 anos e por primeira vez o Concello asumiu a organización do evento.

Unha cata de viño por videoconferencia celebrouse na tarde de onte, o que permitiu que máis de 150 persoas participaran nela a través de 8 telecentros de Galicia. A enóloga Mar Vilanova coordenou a cata de Viño do Fortes, Quinta de Alborada e Vía Romana. O alcalde de Porto exercerá como pregoeiro da Feira. Á tradicional xornada festiva está prevista a asistencia dos alcaldes das principais cidades de Galicia, e a comisión organizadora adiantou que Chantada tamén celebrará, no próximo outono, a primeira Festa da Vendima na que se honrará a figura de O Carreteiro, que é a persoa que desempeña o oficio ''máis difícil'', trasladando as uvas polos empinados bancales onde se cultiva este produto.

 

Programa oficial da Feira

SÁBADO 13 DE MARZO

11.00
Recepción das autoridades na CASA DO CONCELLO

12.00
Apertura Oficial da XXVIII EDICION DA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA
Concerto da BANDA DE CHANTADA

17.00
Actuacións de GRUPOS TRADICIONAIS no recinto Feiral
Actuación da charanga
“GARRAFÓN.COM”

21.00
Presentación das orquestras ALTO STANDING das JOCKER

DOMINGO 14 DE MARZO

11.00
Recepción das autoridades na CASA DO CONCELLO

11.30
Visita á ZONA ANTIGA DO CONCELLO e á CASA DA CULTURA
-Premio Nacional de Arquitectura-

12.00
Saída cara os CANONS DO MIÑO e visita á ZONA VINÍCOLA

13.00
Pregón da XXVIII EDICION DA FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA

14.00
Visita aos stands vinícolas representados na Feira

17.00
Actuacións de GRUPOS TRADICIONAIS no recinto Feiral
Actuación da charanga TÁMEGA

17.00
Presentación das orquestras CAPITOL e TREBOL

Os dous días haberá autobús turístico gratuíto a NOGUEIRA e BELESAR a Partires das 11:00 h.
Retirada de tickets na carpa do Concello

Sociedade