Entre o outlet e o deseño de moda

Entre o outlet e o deseño de moda

06 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Allariz vai camiño de convertirse na capital da moda de Galicia. Ao indubidable éxito do outlet aberto no casco vello da vila, que todas as fins de semana atrae a numerosos visitantes, súmase tamén a importancia da Escola de Deseño que funciona na localidade.

A Escola de Deseño Felicidad Duce inaugura a Exposición “Proxectos de Moda” o vindeiro día 13 de marzo ás 20:00h na Sala de Exposicións A Fábrica.

A Sala de Exposicións A Fábrica acollerá, dende o día 13 de marzo ata o 29 de marzo, a exposición “Proxectos de Moda”. Esta exposición está composta polos traballos dos alumnos e alumnas de Estilismo e indumentaria 07/08 e de Estudos Superiores de Deseño 08/09.

A exposición poderá ser visitada os sábados, domingos e festivos,de 12:00 a 14:00h e de 17:00 a 19:00h.

Sociedade