Entrega e vocación

Cubrironse as prazas de 1 a 3 anos pero quedan prazas para bebés de 0 a 1 anos.
06 de Setembro, 2019 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

A escola infantil A Galiña Azul de Barallobre inicia con normalidade o curso escolar o mercores dia 11 co horario habitual de 7,30h a 16,30h. Desde o luns 9 poráse en funcionamento o comedor do centro. De momento o ingreso do alumnado está a ser progresivo.

33 nenos e nenas de 0 a 3 anos estanse incorporando esta semana á escola infantil do Carril en Barallobre (Fene). A matrícula nas idades de 1-2 e de 2-3 anos está completa, con 12 alumnos na primeira franxa de idade e 19 na segunda. En cada unha delas reservouse unha praza para emerxencia social. Na franxa de 0 a 1 anos, a Galiña Azul de Barallobre ten dous bebés matriculados, quedando cinco prazas libres, se ben para a convocatoria de setembro hai duas solicitudes cursadas.

A directora da escola, Carla Prego, contounos que se encontran en pleno período de adaptación do alumnado de renovación que entrou o pasado xoves 5. O vindeiro luns dia 9 empezarán a entrar progresivamente os nenos e nenas de novo ingreso e xa se pon en funcionamento o comedor escolar. O mercores dia 11 comenza xa oficialmente o curso co horario normal de 7,30h a 16,30h.

O equipo educativo da Galiña Azul de Barallobre está formado por sete persoas, as mesmas desde que abríu o centro. As instalacións están ben, en palabras da directora, a non ser o patio no que se prantou céspede un pouco tarde e polo tanto non se pode pisar nen utilizar ese espacio exterior tan necesario cando vai bo tempo, como é o caso.

Esta escola participa da experiencia de Voz Natura, cultivando un horto que o curso pasado produciu moito e cuxos productos se doan á cociña económica.

Sociedade

Publica o teu comentario agora