Entregados os premios Curuxa

Entregados os premios Curuxa
28 de Setembro, 2019 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Asier Sanz Nieto, gañador do 1o premio Curuxa Gráfica, e Javier Jareño López Cuervo, 1o premio Curuxa Nova Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores foron merecedoras do segundo premio da Curuxa Gráfica e Curuxa Nova respectivamente. O público pode visitar ata o 16 de novembro a mostra “Premios Curuxa”.

Entregados os premios Curuxa do Museo do Humor de Fene

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidiu onte pola tarde o acto de entrega dos premios da XXIII edición do Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor de Fene. Uns galardóns que recaeron en Asier Sanz Nieto (1o premio Curuxa Gráfica categoría para maiores de 25 anos) e Javier Jareño López Cuervo (1o premio Curuxa Nova de 16 a 25 anos). Así mesmo, Sandra Lodi e Beatriz Rodríguez Gregores
eran merecedoras do segundo premio na categoría Gráfica e Nova respectivamente. A entrega dos galardóns veu precedida da inauguración da exposición “Premios Curuxa 2019”, que poderá visitarse ata o 16 de novembro de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas e, os sábados, de 10 a 13 horas. Así mesmo, o Concello de Fene tamén vén de inaugurar unha exposición virtual con todos os traballos presentados aos Premios Curuxa 2019 na páxina web do Museo do Humor (http://www.fene.gal/museo-do-humor/exposicions/gl). O acto de onte pechouse coa actuación do xenial humorista David Perdomo.

Institucional

Publica o teu comentario agora