Envellecemento da poboación e rede clientelar no rural, claves da vitoria de Feijóo

Envellecemento da poboación e rede clientelar no rural, claves da vitoria de Feijóo

27 de Setembro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Partido Popular repite maioría no Parlamento Galego grazas á rede clientelar que manten en Lugo e Ourense, segundo o sociólogo Xosé Leira. Nas grandes cidades o PP logra a primeira posición polo envellecemento da poboación. Nesas zonas a maioria da cidadanía vota aos partidos de esquerda, ainda que Núñez Feijoo logrou concentrar o voto da dereita e encabezar a lista máis votada.

Para o sociólogo, os populares deixaron nun segundo plano as súas siglas para realizar unha campaña persoalista. Feijóo desligouse de Mariano Rajoy e de casos como o de Rita Barberá ou Luis Bárcenas. A corrupción ainda non pasou a ser un tema capital nas eleccións. A maioria da poboación, sete de cada dez cidadáns, pensa que o principal problema é o paro.

Segundo o profesor da Universidade da Coruña, En Marea elixiu ao seu candidato demasiado tarde. Os lios de Podemos tampouco lle favoreceron. O PsdeG sofriu os efectos dos debates e das discrepancias internas. E un partido moi fracturado e dividido. Somentes en Ferrol hai tres PSOEs.
O sociólogo Xosé Leira destaca o acerto e o efecto positivo da campaña do BNG e da súa candidata Ana Pontón. Souberon amosar a cara amable e utilizar eficazmente as redes sociais, conclue o profesor universitario.

Sociedade