Equiocio vístese este ano de gala máis que nunca

Equiocio vístese este ano de gala máis que nunca

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Salón do Cabalo Equiocio volverá convertir a Ferrol durante a vindeira semana nun punto de referenza fundamental para os amantes do cabalo. Un programa de actividades lúdicas e deportivas desenvolveráse entre o mércores 31 de marzo e o sábado 4 de abril. O actor ferrolán Javier Gutiérrez convertiráse no padriño, tomando o relevo de María Castro.

Como unha das principais novidades desta edición, o mércores 31 de marzo convertirase nunha xornada de portas abertas. Os nenos e nenas que acudan pola tarde ao recinto serán invitados a unha merenda por Panrico e Begano. Federico Lago explicou esta mañá o número de preinscricións recibido, situado o tope nos 190. Rexistráronse moitas amazonas.

A directora xeral de Turgalicia Carmen Pita destacou a contribución ao fomento do turismo dun evento como Equiocio.

Xinetes españoles e portugueses incrementan este ano a súa presenza en Ferrol. Ao peche da edición había máis de 30 cabalos por riba do cupo permitido polos xuíces. Iso levou ao comité organizador a ter que realizar unha selección. Trátase da maior demanda de participación de todas as edicións de Equiocio. O salón do Cabalo comezará en Punta Arnela o mércores 31 de marzo.

Sociedade