Equipo para o ascenso

Equipo para o ascenso
07 de Decembro, 2021 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

"O Miño é un equipo para o ascenso, con xogadores de renome. Nós iremos coa tranquilidade que nos da a vitoria da pasada xornada" afirma Gonzalo Beceiro, do Perlío. Miño - Perlío, no campo de Gallamonde, o mércores 8 de decembro ás 16,30 horas. 

ESCOITA O PODCAST:
Perlío no campo dos Pinares

"Na pasada xornada, tivemos a fortuna de marcar cedo cun gol de Dani Varela e iso nos deu calma e tranquilidade. O Eume non tivo chegadas con excesivo perigo. Tocou sufrir ata o segundo tanto que practicamente finiquitou o partido" salienta Beceiro, adestrador do Perlío en substitución de Chechu Piñeiro, de baixa por unha operación cirúrxica. Perlío 2 - 1 Eume Deportivo. Primeira Galicia de fútbol.

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora