Era Gayoso

Era Gayoso
15 de Xuño, 2020 - 01:44 h. | Publicada por Radio Fene

A memoria ten moitas caras. Todas elas se traballan no obradoiro Máis Memoria do concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Quén ía pensar que era avogado ou que foi campion de España de lanzamento de martelo en 1975?. Foron dúas das pistas que lanzóu o psicólogo Jaime Lendoiro a María Xesús Pazos no obradoiro Máis Memoria desta semana. Cando ía pola metade das pistas previstas, acertou. María Xesús dixo “Gayoso. Xosé Ramón Gayoso da TVG”.

Tamén estivo atinada a outra participante do obradoiro de memoria de Fene, Balbina López. Ás primeiras notas xa pillara a Xil Rios co seu “Xirarei” e, de seguido, “El amor de mi vida” de Camilo Sexto. Neste punto convén estar atentas e non perderse a interpretación de Jaime Lendoiro, quen propuxo tamén o reto da semana para facer na casa e que ten que ver coa memoria especial. Saimos dun punto cara a outro e polo medio hai moitos nomes de lugares por onde se pasa e que debemos recordar. Ou collemos unha rúa e imos memorizando os locais comerciais que se suceden un tras outro.

Sociedade

Publica o teu comentario agora