A ESAD enxalza a figura do coreógrafo galego Carlos Alonso

A ESAD enxalza a figura do coreógrafo galego Carlos Alonso

05 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Teatralmente, este é o título da exposición, que en forma de instalación artística, nos achega a traxectoria do galego Carlos Alonso e que se pode ver na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD) en Vigo. O propio escenógrafo comentou en Radiofusión que a mostra recupera “proxectos que xa foron, restos do botín, da batalla, do naugraxio”, que volveu armar recupe

Paneis, roupa, bosquexos, figuras, carteis... coas súas texturas, cores e volumes crean Teatralmente, lembrando o seu traballo con Chévere, Factoría (O tío Vania), Talía, Tranvía, Ollomoltranvía, Morceogo, Ningures, Uvegá, Atlántico (Unha primavera para Aldara), CDG (Nao de amores), Quinquilláns, Pista Catro (Kamikaze) ou amigos como Carlos Blanco ou Cándido Pazó.

O escenógrafo vigués comezou a súa actividade profesional na compañía A Farándula, un dos grupos importantes do teatro independente galego dos anos 70 e primeiros 80. Os seus inicios foron como actor, pero axiña orientou a súa actividade cara o deseño escénico. O seu labor neste eido levouno a facerse co Premio María Casares ao Mellor Vestiario en seis ocasións e á Mellor Escenografía en dúas.

Carlos Alonso tamén realizou traballos para cine e televisión. Teatralmente forma parte do programa “Memorias do teatro” da ESAD, que ten por obxectivo pór en valor os creadores escénicos galegos e a recuperación e proxección do seu traballo.

Cultura