Esbarou o Parrulo e empatou ante o Leis

Esbarou o Parrulo e empatou ante o Leis

24 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Parrulo Ferrol non tivo bo día e esbarou na cancha de Pontevedra ante o histórico Leis. O encontro rematou con empate a tres goles. Comezou marcando o conxunto ferrolán grazas ao gol de Pablo tralo lanzamento dun saque de esquina directo. Despois deste gol de estratexia, os ferroláns colocaron máis terra por medio co tanto de Iago xa na segunda parte. O Leis reduciu distancias co tanto de Barcala aínda que Pablo fixo o terceiro e colocou máis terra por medi

Mentres tanto o Cidade de Narón goleou ao Cistierna de León no pavillón de A Gándara. O conxunto de Javi Albes venceu por 6 a 2 nun partido que non tivo cor e onde o Cidade de Narón foi superior.

Deportes