A Escola de Familias alaricana comeza un novo curso cunha reunión informativa

A Escola de Familias alaricana comeza un novo curso cunha reunión informativa

29 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Unha reunión informativa dará inicio ao novo curso 2009-2010 da Escola de Familias “A Orella Verde”. A partir das sete da tarde, o Fogar do Maior acollerá mañá a xuntanza co obxectivo de coñecer ás persoas interesadas en participar na Escola de Familias, unha iniciativa de intercambio educativo entre as familias, onde estas tratan temas decisivos para a educaci&oa

Ana Cardoso, técnica de Igualdade do Concello de Allariz explica que se “trata de coñecer a xente motivada e interesada para definir os grupos, os horarios e os contidos do curso para comezar unha nova andaina intentando facer que este proxecto sexa o máis achegado as inquietudes das familias allaricenses”.

Esta escola realiza reunións semanais, tres veces ó mes,xeralmente os martes durante 90 minutos nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios (Fogar dos Maiores), nas que a través do debate grupal, os participantes intercambian ideas e opinións ofrecendo así diferentes posibilidades de actuación a unha mesma situación.

Os seus obxectivos, ademais do intercambio de información, son a xeración de redes de apoio entre as familias, a formación teórico-práctica das mesmas, a estimulación da participación naqueles espazos que inflúen de forma decisiva na educación dos fillos e fillas, e traballar aspectos persoais relacionados directamente co feito de ser pai ou nai e que repercuten na educación dos/as menores.

De forma periódica realizan actividades sobre temas educativos, que xorden das necesidades reais das familias. Estes talleres son impartidos por Ana Cardoso, responsable do departamento de Educación e Igualdade no concello de Allariz, acompañada por profesionais de diferentes disciplinas.

Se alguén está interesado/a en participar e ser membro desta escola pode anotarse e pedir información na dirección:

Dependencias dos Servizos Sociais Comunitarios – Fogar dos Maiores

Teléfono : 988 55 40 59

Área de educación e igualdade

Sociedade