A Escola de Música de Vilalba fará un recital en beneficio de Haití

A Escola de Música de Vilalba fará un recital en beneficio de Haití

01 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A solidariedade con Haití volta a Vilalba da man do Conservatorio de Música da vila, despois de que un establecemento hostaleiro vilalbés dedicase parte da súa recadación ao país caribeño, devastado polo tremor de terra do pasado xaneiro.

Esta vez será o Auditorio Carmen Estévez o que acollerá, o mércores 3 de febreiro ás 20.30 horas, un Recital Solidario a beneficio dos damnificados do terremoto de Haití a cargo desta institución musical e cultural vilalbesa. A entrada será gratuíta, e poderanse facer apartacións de axuda a Haití.

 

 

Representación teatral

O vindeiro venres 5 de febreiro, ás 11horas no Auditorio Carmen Estévez, terá lugar a representación teatral “La Cenicienta”  a cargo de Einadescola, dirixida aos nenos de todas as escolas e colexios infantís de Vilalba.

Cultura