A escola infantíl Sorrisos fixo festa

A escola infantíl Sorrisos fixo festa

19 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Chega o remate do curso escolar. Os máis pequenos e pequenas aproveitan o feito para festexar o remate da actividade pedagóxica e o comezo do tempo de lecer. Os pais e nais acompañaron aos máis xoves de Ordes nun dia importante para a Escola Sorrisos.

Onte pola tarde os alumnos e alumnas da Escola Infantil Municipal “Sorrisos” puideron gozar cunha gran festa de fin de curso nas instalacións do centro.

Unha festa na que tanto os pequenos como as súas familias compartiron unha gran merenda, ademais da actuación dun contacontos, que fixo partícipes aos nenos e nenas ordenses das súas historias e de diferentes xogos que traía preparados.

Tanto nenos como maiores disfrutaron desta tarde festiva na que a Escola Infantil Municipal de Ordes quixo despedir un curso máis.

Sociedade