A escola na radio

A escola na radio

19 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O máis emocionante de todo foi a primeira vez que entramos nos estudos de Radio Fene, poñer os cascos, acercarnos aos micros, esperar a ver a luz vermella. Todos nos puxemos moi nerviosos, pero gustounos tanto a experiencia que, para poder repetir máis a miudo, pedímoslle ao noso titor que en lugar de tres fosemos 4 a ler en cada programa.

Falan así os alumnos e alumnas do Colexio Centieiras de Perlío no seu último programa deste curso de “As Crónicas de Centieiras”. Foi un pracer para nós contar todos os xoves coa visita dos minireporteiros do centro educativo. Van xa tres anos e para nós é unha ledicia dispoñer deste espazo, auténtica xoia da programación de Radio Fene.

Sociedade