A Escola RACE Renault instruirá aos estudantes composteláns sobre os efectos do cambio climático

A Escola RACE Renault instruirá aos estudantes composteláns sobre os efectos do cambio climático

17 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A séptima edición da Escola RACE Renault de responsabilidade ambiental incidirá esta semana no fomento de conductas de seguridade e hábitos adecuados de respeto ao medio ambiente e dende a óptica do automóbil, ao que asistirán preto de 600 alumnos da comarca de Santiago de Compostela.

Nunha rolda da prensa celebrada nas instalacións do Parque da Alameda, o coordinador deste programa, Juan Antonio Sánchez, explicou que nesta ocasión se centraron "nos efectos do cambio climático no planeta" e "nas novas tecnoloxías implantadas no automóbil" que "reducen o seu impacto medioambiental", e que coñecerán "preto de 1.000 persoas que visitarán o recinto". Neste sentido, destacou que o obxetivo é "incidir nestas conductas dende a infancia" para "formar adultos responsables dende nenos". Asimesmo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, comentou a "necesidade de formar aos rapaces en materia de seguridade", xa que "aprenderán os diferentes elementos viais" e destacou o programa "como un paso máis adiante" nos "11 anos de colaboración" entre o Concello e a escola RACE. Ademáis, o líder municipal recordou o "avance social" que supuxo a tecnoloxía do automóbil e precisou "a problemática que supón para as vías públicas, en materia de seguridade e nos niveis de contaminación". Por esta razón,

valorou que "cada vez existan normativas máis estrictas" para a reducción de emisións de CO2, polo que resulta "urxente avanzar na loita contra a contaminación".

 

 

Sociedade