Escolares de Narón atrapados en Dublín a causa da nube volcánica

Escolares de Narón atrapados en Dublín a causa da nube volcánica

16 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

17 alumnos e alumnas e duas profesoras do Colexio de Ensino Integrado O Feal de Narón (A Coruña) permanecen atrapados desde onte na capital de Irlanda, en Dublín, sen poder regresar a casa por culpa da suspensión dos vós causada pola nube do volcán islandés. 

Aloxados nun hotel e esperando noticias da axencia coa que viaxaron, así están este grupo de estudantes que partían o pasado luns a Dublín nun viaxe de estudos que remataba onte. Onte xoves debían tomar o vó das 4 da tarde de regreso a Galiza, cando se viron afectados polo peche dos aeroportos a causa da nube que invade o ceo de boa parte de Europa. Ata 5000 viaxes canceláronse nos paises do norde europeu.

Son alumnos-as de 1º e 3º da ESO que participan dunha experiencia bilingüe. Estudan asignaturas do currículum escolar en inglés, daí a viaxe a Irlanda. Diante do contratempo que os ten atrapados en Dublín, os 17 alumnos e as duas profesoras foron trasladados a outro hotel e alí permanecen a esta hora agardando noticias. Pero todo fai pensar que tampouco hoxe van poder volver a casa, diante das previsións da evolución desta nube de cinzas que podería manterse aínda 24 horas. Os estudiantes tómanse con tranquilidade esta inesperada prolongación das vacacións, e gozan coa piscina do novo hotel onde se hospedaron.

Sociedade