Escolas en galego, sen complexos

Escolas en galego, sen complexos

24 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As escolas integramente en galego poderán funcionar no curso 2011-2012, segundo o impulsor do colectivo Galiza co galego, o ferrolán Francisco López. A iniciativa conta xa con 1931 apoios, xente disposta a aportar entre os 100 e os 200 euros para facer viable o proxecto.

"E unha necesidade na situación actual e moitas familias o demandan" aseguran dende a entidade que pretende ir máis alá da reivindicación do galego, para pasar á acción directa. En menos dun mes o número de asociados medrou en máis de 100 persoas. Están convencidos de lograr os 3.000 apoios que precisan, segundo o presidente da comisión promotora Francisco López.

Mantiveron encontros con asociacións de pais e nais, sindicatos e traballadores de normalización lingüística. O seu obxectivo é alcanzar 3.000 persoas dispostas a participar na iniciativa que se presenta esta tarde na librería Couceiro, da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela.

Sociedade