As esculturas de barro de Pilar Fernández na Casa da Muller

As esculturas de barro de Pilar Fernández na Casa da Muller

11 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Muller acolle a partires do vindeiro venres, 18 de febreiro, unha nova exposición, composta por orixinais esculturas de barro realizadas por Pilar Fernández. Poderase visitar ata o 7 de marzo, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, con entrada de balde.

Profesora de Filosofía no Instituto de Canido, Pilar Fernández ofrecerá aos asistentes unha selección do seu traballo realizado nos últimos anos, tomando así o relevo de Fina Taibo, que inaugurou en xaneiro o calendario expositivo da Casa da Muller.

A exposición de Taibo amplíase ata o vindeiro mércores, 16 de febreiro, ante a gran afluencia de persoas que visitan as súas obras pictóricas e obxectos de coiro realizados mediante a técnica do repuxado.

Cultura