Esgotado o xel antiséptico

Esgotado o xel antiséptico
12 de Marzo, 2020 - 11:17 h. | Publicada por Radio Fene

As farmacias carecen de xel antiséptico e de mascarillas. Agotáronse hai dias e non hai traza de que cheguen novas remesas. Auga e xabrón ou alcohol son os productos recomendados para a hixiene de mans.

ESCOITA O PODCAST:

Diante das informacións que imos coñecendo, é normal que a xente se lance aos supermercados para encher os arcóns e as neveras ou que acuda ás farmacias en busca de protección. Visitamos esta mañá a farmacia Paradela de Maniños (Fene) para constatar esa “discreta alarma” da cidadanía. Nin hai xel antiséptico nin mascarillas desde hai días, confirmanos a técnica de farmacia, Eva.

A oficina de farmacia de Maniños segue, como as demais, a información puntual que lles envía o Colexio de Farmacéuticos de Galicia. De momento un cartel preside a entrada describindo as precaucións e recomendacións de hixiene que debemos aplicar á nosa vida cotiá. Concluímos que a limpeza de mans con auga e xabrón é básica. A titular, Ana Magdalena Paradela, engade que tamén se pode usar alcohol de 96º pero que tamén está esgotado.

Recoñecen na farmacia Paradela que a conversación e preocupación dos clientes polo coroavirus preside ultimamente as visitas á farmacia. O caso positivo aparecido en Mugardos é o último tema de conversación entre eles.

Sociedade

Publica o teu comentario agora