Esixo transparencia

Afirma Martínez que non hai pediatras porque as condicións de traballo en Galicia son inaceptables
29 de Outubro, 2019 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

A portavoz municipal de EU en Fene esixirá a claridade das facturas antes de apoiar as modificacións de crédito no pleno de novembro.

ESCOITA O PODCAST:

A xente mobilizouse en Fene, desesperada porque non ten pediatras que atendan aos pequenos no centro de saúde do Tarrío. E non hai trazas de que novos pediatras sustituan ás dúas titulares que están de baixa. A portavoz municipal de EU, Mari Carmen Martínez, insiste en que a precariedade na que a Xunta fai traballar ao persoal sanitario fixo que os médicos marchasen a outros destinos. Así é que o xerente da área sanitaria afirme que non hai pediatras nen médicos de familia para cubrir as baixas que se producen.

Martínez falou nas Foxas de Radio Fene sobre as modificacións de crédito que o goberno do PP quere aprobar no próximo pleno coa intención de pagar facturas. A voceira de EU declara que está ben pagar o que se debe, pero tendo xustificadas esas facturas, criticando así a edil fenesa a falta de transparencia que ela percibe no quefacer da concellería de Facenda.

Lamenta Martínez que teñamos que ir votar de novo o 10 de novembro porque os representantes políticos elexidos nos anteriores comicios sexan incapaces de poñerse dacordo.

Institucional

Publica o teu comentario agora