Espazo de encontro

Aínda cabe a posibilidade de inscribirse. INDIRA rematará no mes de marzo.
07 de Novembro, 2019 - 08:29 h. | Publicada por Radio Fene

Un total de 16 mulleres participan desde onte no proxecto INDIRA que se desenvolve no Centro Municipal de Servizos Sociais de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Eva Sayago explícanos como é o espacio INDIRA e qué fan alí as mulleres participantes.

http://173.255.131.18/audio/071119SAYAGO.mp3

Comezou en Fene unha nova etapa do proxecto INDIRA,  grupo de apoio emocional para mulleres. A esta primeira sesión asistiron 9 mulleres dun total de 16 inscritas. Presentaron esta primeira edición a Concelleira de Igualdade, Juana Barro Couto e a psicóloga municipal, coordinadora do proxecto e responsable técnica do ServizoMunicipal de Atención á Muller e Promoción da Igualdade, Eva Sayago.

Aínda quedan algunhas prazas por cubrir neste espazo de encontro así que as mulleres de Fene e da conmarca poden animarse a formar parte desta iniciativa que se desenvolverá desde o mes de novembro 2019 a marzo 2020, os luns, en horario de 10 a 12 da mañá, no Centro Municipal de Servizos Sociais. Para anotarse deberán contactar coa psicóloga municipal a través dos teléfonos: 981342607 – 981492706; email:smam@fene.gal ou persoalmente no Centro Municipal de Servizos Sociais – Av. Do Mar Bloque 1 – Baixo de San Valentín (Fene).

INDIRA está cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020.

Sociedade

Publica o teu comentario agora