Espectacular e excitante concerto dos Pretty Things

Espectacular e excitante concerto dos Pretty Things

09 de Agosto, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Eu estiven no concerto que The Pretty Things ofreceu no Felipop de Limodre na noite do oito ao nove de agosto de 2015". Contaránllo así aos seus netos os privilexiados que asistiron á actuación desta banda fundadora do rhythm and blues. Dick Taylor -o primeiro baixista dos Rolling Stones- e Phil May lideran un grupo ao que acusan de inventar o garaxe.

Chegaron a Limodre en furgoneta por unha estrada sinuosa e secundaria, puxeron á venda as súas camisolas e os CDs e subiron ao escenario con humildade, ata que a súa forza asombrou no escenario do parque da Hortiña. A enerxia do rock and roll chegou en forma dun grupo cun repertorio cargado de concepto. The Pretty Things seguen a ser pioneiros. A lenda continúa.

Sociedade