Espetada e música no Reboneda Day

Espetada e música no Reboneda Day

26 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un millar de persoas confirmadas á mesa para a gran espetada; 2.000 metros cadrados de carpas e jaimas para dar cobertura a concertos, xogos infantís, comidas e actividades diversas; máis de seis horas do mellor pop e rock nacional e internacional... son algunhas das cifras do ReboNeda Day que mañá, sábado 27 de setembro, se celebrará por todo o alto no paseo marítimo de Xuvia. Unha cita organizada polo Concello de Neda, a través das Conce

Un acto multitudinario para despedir o verán ao grande que arrancará xa ás 12 horas cunha cata de viño para parellas non profesionais. Actividade con grandes premios para os gañadores coma tres días de turismo rural e participación en xornadas enolóxicas, ou lotes cos mellores caldos da terra. Ás 13 horas, sesión vermut amenizada por Chevalier e Los Zares, así como degustación gastronómicas e servizo de comida con prezos populares a cargo da Pulpería Loureiro.

E, a partires das 16,30 horas e durante toda a tarde, tempo para o ocio infantil. Xogos guiados por monitores especializados para os máis pequenos da casa e, entre estes, un divertido obradoiro de elaboración de xoguetes que fará as delicias de nenos e nenas. En paralelo, comezará a preparación dos 25 cochinillos e 25 cordeiros que se servirán a partires das 21 horas na Gran espetada con música e festa. Espetada á que se apuntaron un millar de veciños e veciñas.

Concertos

A partires das 22,30 horas, abriránse as portas da macro zona de concertos e, dende as 23 horas, comezará a soar o mellor rock cos mellores grupos da comarca. Subiránse ao escenario Debosses, co seu tributo a Bruce Springsteen; Riff Raff (AC/DC); Frik&Paldis (Fito y Fitipaldis); Padel Rock (o mellor do pop español dos 80); The Reboredas Band (os clásicos de sempre) e Ghost in the Machine (The Police). Preto de seis horas ininterrumpidas do mellor rock e pop nacional e internacional á beira do río Xuvia. As entradas, con dereito a consumición, custan
cinco euros (anticipada, con data límite fixada para hoxe, 26 de setembro) ou dez euros (en taquilla).

Sociedade