Espias aliados e nazis combatiron en Galicia

Espias aliados e nazis combatiron en Galicia

08 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O desembarco de Normandía puido realizarse en Galicia. Esa é unha das hipoteses que barallan os historiadores Javier Rodriguez e Emilio Grandío no seu libro “War zone”. O volumen explica o traballo das redes de espionaxe británica e nazi na Segunda Guerra Mundial no Noroeste da península.

Dende 1942, Franco dase conta da posibilidade do desembarco dos aliados, e moviliza a milleiros de soldados no norde das provincias da Coruña e Lugo. En Galicia funcionou tamén unha rede de espionaxe nazi.

Os profesores Emilio Grandío e e Javier Rodriguez escribiron “War zone”, un estudio histórico sobre a posición de Galicia na Segunda Guerra Mundial. Os historiadores utilizaron o arquivo militar de Ferrol e os Arquivos do goberno británico. "War zone" preséntase o vindeiro xoves en Ferrol nun acto que se desenvolverá no Ateneo, coa participación de Javier Rodriguez e dos investigadores Eliseo Fernández e Bernardo Máiz.

 

Sociedade