A estafa chamada crise

A estafa chamada crise

05 de Decembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de catrocentas persoas concentráronse onte á noite en Ferrol en defensa da sanidade pública. Os convocantes da protesta censuran os profundos recortes, que están a producir un impacto severo na calidade asistencial, segundo afirman."Coa escusa da estafa chamada crise, realizan políticas co obxectivo de conseguir o desvío de parte dos orzamentos cara petos privados" indican nun comunicado.

A plataforma denunciou “unha falla total de compromiso coa área sanitaria de Ferrol”. Critican a paralise de proxectos en marcha co gallo da incorporación do Hospital Naval ao SERGAS. “Entre tanto mantéñense concertos con hospitais e clínicas privadas por importes que superan os 13 millóns de euros anuais” segundo manifestaron.

Sociedade