Estala un artefacto na casa de Manuel Fraga en Vilalba

Estala un artefacto na casa de Manuel Fraga en Vilalba

26 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Un artefacto caseiro estourou esta madrugada na sede da Fundación Manuel Fraga, situada na localidade lucense de Vilalba, informaron fontes de Urxencias 112 e da Policía Local. A explosión rexistrouse sobre as 6:15 horas na rúa da Pravia, na antiga residencia familiar do veterano político galego, reconvertida en fundación, cuxa inauguración está prevista para o próximo venres 30 de setembro.

O artefacto, consistente nunha garrafa cun temporizador, explotou na porta de acceso ao edificio, que quedou esnaquizada, agregaron fontes da Policía Local. Axentes da Garda Civil están a analizar os restos atopados na zona e investigando a súa autoría, mentres a Policía Xudicial avalía os danos. "O artefacto non foi de moita potencia pero sí a suficiente para romper a porta de entrada e os cristais desa casa e máis dos inmobles colindantes" afirmou o alcalde de Vilalba Gerardo Criado.

Sociedade