Estamolo vivindo bastante mal

Estamolo vivindo bastante mal
20 de Marzo, 2020 - 01:41 h. | Publicada por Radio Fene

A sociedade O Pote de Maniños nunca pechara as súas portas desde a Guerra Civil, cando se suspendeu a famosa romaría. A súa directiva está vivindo este momento bastante mal, segundo confesa o seu presiente, Javier Rodríguez.

ESCOITA O PODCAST:

Triste se lle nota a voz ao presidente da sociedade O Pote de Maniños, e non é para menos. Desde a Guerra Civil nunca parara a actividade desta sociedade nacida no ano 1925 ata agora por culpa do coronavirus. "Estámolo vivindo bastante mal" cóntanos o presidente da entidade, Javier Rodríguez. Todas as escolas tiveron que suspender a actividade. "A maioría son monitores voluntarios pero outros non e teremos que falar con eles cando pase todo isto" asegura o presidente. Dase a casualidade de que O Pote acababa de adxudicar o servizo do ambigú xusto antes de empezar a crise. Os adxudicatarios tiñan previso previsto levar o material necesario para o bar do Pote o pasado luns, cando se decretou a situación de alerta e todo quedou paralisado. Javier Rodríguez foi un dia por alí e sentíu moita mágoa.

Rodríguez pasa o tempo no ordenador, amañando cousas do Pote para non perder o costume. Cando sae a buscar o pan, comproba que a parroquia de Maniños está deserta. "Nos se ve aos veciños, dí, nen nos patios das casas" afirma Javier Rodríguez quen mata o tempo na súa horta. Infórmanos que en Maniños están abertos a farmacia, a panadería do cruce, Abanca, o quiosco, a peixería, dúas tendas pequenas de víveres e a ferretería. O presidente do Pote deixanos o mesmo desexo de todos, "que isto remate o antes posible". (Na imaxe recente, de esquerda a dereita, os directivos de O Pote: José Angel Bermúdez, Juan José Cabana, María José Alvariño e o presidente, Javier Rodríguez)

Cultura

Publica o teu comentario agora