Estamos mercando coches

A pesar da pandemia, hai clientes nos concesionarios
26 de Outubro, 2020 - 02:15 h. | Publicada por Radio Fene

Contrariamente ao que poideramos supoñer, os concesionarios de vehículos está recuperando as vendas. Eles mesmos están sorprendidos da cantidade de coches que venden, en cifras moi similares ás do ano pasado por estas datas.

ESCOITA O PODCAST:

Os vendedores de coches amósanse sorprendidos do ben que se están a recuperar despois dos meses nos que deberon pechar as portas a causa da crise sanitaria. A venda mantense no mesmo ritmo que hai agora un ano. “A xente está comprando coches” afirma o xerente de Ferrolterra Móvil no polígono da Gándara, José Antonio Sanesteban Bouza. Verdadeiramente non agardaban esta reacción tras a situación vivida e a situación actual. Poderíase explicar, afirma Sanesteban, polas axudas fiscais e polo medo ao contaxio nos transportes públicos. “Se quitamos os meses de peche, poderíase dicir que agora mesmo a venta está a ser mellor en outubro deste ano que no mesmo mes do ano pasado” reitera o xerente do concesionario da Renault-Dacia da Gándara en Ferrol.

Inflúe tamén que as marcas puxéronse as pilas e hai descontos fortes para manter as vendas e recuperarse. Este é un bo momento para mercar coche porque o ano que ven xa non haberá estes beneficios fiscais. No seu caso, o Dacia arrasa. Segue a ser un dos coches máis buscados porque desde 7.900€ tes coche novo e de escaso consumo. No concesionario de Sanesteban están a traballar todos de novo despois de pasar polo ERTE nos meses de peche das instalacións. Outro dato que da boa conta da boa marcha do sector é que no taller mecánico hai moitísimo traballo. “Os clientes están atendendo o mantemento dos seus vehículos por se a situación se agrava e quedan tirados” explica o xerente da Renault.

 

(Na imaxe, interior de Ferrolterra Móvil S.A. na Gándara) 

Sociedade

Publica o teu comentario agora