Estamos na UCI e sin respirador

Folga en Ferrolterra para evidenciar que se xoga a supervivencia
17 de Decembro, 2020 - 01:24 h. | Publicada por Radio Fene

Os sindicatos CCOO, CIG e UXT e a maioría dos concellos respaldaron a convocatoria de folga de hoxe para que as administracións autonómica e central teñan na súa folla de ruta o futuro da industria nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal onde está a reventar todo polos aires.

ESCOITA O PODCAST:

"Estamos na UCI e sin respirador", “Nin o goberno autonómico nin o do Estado teñen en conta estas comarcas”. Con estas palabras, o representante da CIG na comarca de Ferrolterra, significaba a situación límite na que se encontra a industria e o resto dos sectores laborais, máxime coa pandemia que agrava todo aínda máis. Constataron o éxito da folga. O representande de CCOO afirmou que a situación de Ferrol é un contínuo declive e a comarca “un niño de pobreza”. Insistiu a UXT e calificar a comarca como a zona máis deprimida de Galicia. E citou a situación pola que pasan Navantia, Gamesa ou Endesa. Na roda de prensa convocada ás 12h na mesma estrada de Castela á altura da Ponte das Cabras, interviron tamén o alcalde Ferrol e a alcaldesa de Narón. Angel Mato dixo que é máis importante que nunca traballar xuntos para revertir a actual situación. “Hai que presionar ás administracións”. Pola súa parte, Marián Ferreiro, manifestouse satisfeita pola resposta da cidadanía e calificou a crise industrial da comarca de “cuestión común de todos os axentes sociais”.

 

Unha xornada de paro vive a comarca de Ferrol nesta xornada do 17 de decembro. Os sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UXT co apoio da maioría dos Concellos, convocaron esta acción de protesta diante da grave crise económica. Todo o mundo padece o coronavirus e os efectos da paralise económica e dos confinamentos, pero neste recuncho do noroeste esa pandemia é máis grave. A industria é vital pero os traballadores –as da hostalería, pequeño comercio e servizos, tamén o están a pasar mal nesta situación de pandemia. Así o recoñece o secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez, quen calificou a Ferrol de polo industral de Galicia co naval, as Somozas e As Pontes como centros industriais fundamentais. Gómez ofreceunos esta mañá en Radio Fene uns datos contundentes para demostrar que a situación na comarca de Ferrol é máis grave en comparación con outras zonas de Galicia. "Os datos do paro, o PIB a filiación á SSSS ou a demografía así o demostran". Na cadea humana, que uniu simbolicamente as Casas dos Concellos de Ferrol e Narón, Eva Mazás comprobou o seguimento da folga que, segundo nos contou, discurriu polo vial esquerdo dirección Narón-Ferrol cortando o tránsito de veículos nesa dirección durante a hora prevista, de 11 a 12 da mañá. A esa hora foi cando os sindicatos convocaron roda de prensa á altura da ponte das Cabras, na fronteirs entre os dous concellos. A grave situación comarcal agrávase polo baleiro de carga de traballo nos estaleiros.

Máis de un milleiro de traballadores das compañias auxiliares xa foron despedidos e necesítase unha actuación urxente das administracións para que a pobreza non se extenda en Ferrolterra. Marcelino Amado, da CIG de Navantia, declaraba esta mañá que os Orzamentos do Estado deberan reflexar unha partida para Navantia e outras industrias. De Europa van vir os cartos para a transición enerxética. "Este é o momento de moverse" afirmaba Amado porque en Francia e Paises Baixos xa decidiron dedicar unha cantidade inxente de diñeiro ao sector naval mentres que aquí nada.

O secretario Xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento, rexeita a resignación. Aínda que o escenario é complexo, cabe a recuperación se se debuxa, con consenso mellor, un Plan de futuro. Mirando a Ferrol, afirma que, tendo unha empresa pública sobre a que podes decidir, non se entende que Navantia non faga unha aposta decidida con estratexias a longo prazo quen engade que a necesidade da transición tecnolóxica e ecolóxica xa se coñecía, en referencia a As Pontes. Declarou en Radio Fene, o secretario xeral galego de CCOO que se abriron catro grandes conflictos a un tempo porque a política industrial non se improvisa.

O secretario comarcal da CIG, Manuel Grandal, trasladounos a dificultade de organizar a folga e a cadea humana no medio da situación sanitaria que padecemos. Aínda así amosabase esperanzado de cubrir finalmente ese espazo entre Ferrol e Narón para o que eran necesarios entre 2700 e 3000 persoas. Os estaleiros contribuiron á prosperidade e crearon emprego na comarca de Ferrol en distintas épocas da historia.

Diante das amenazas do coronavirus e da situación que atravesan xa compañias auxiliares, hostelería, comercio e servicios, as administracións deben dar un paso adiante e comprometerse co sector naval. Iso é o que demanda nesta xornada a comarca de Ferrol con este paro de catro horas de duración. É un primeiro berro de auxilio coa esperanza de que non fagan falla máis chamadas para unha actuación urxente.

Sociedade

Publica o teu comentario agora