Esther Gómez, profesora de Química da USC: “A Xunta actúa de xeito inconsciente recortando a prevención do radon”

Esther Gómez, profesora de Química da USC: “A Xunta actúa de xeito inconsciente recortando a prevención do radon”

26 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O radon, un gas radioactivo de orixe natural que emana do uranio presente nas rochas graníticas, causa entre o 3% e o 14% das mortes por cancro de pulmón. Debido o tipo de solo predominante, Galicia é un das comunidades que rexistra maiores concentracións deste elemento. Porén, estes datos non evitan que a Xunta dea pasos atrás na prevención do radon. As novas Normas de Habitabilidade non contemplan esta cuestión, ao contrario do que si facía na

Para previr a concentración de radon nas novas construcións basta con colocar un illante entre os cimentos e o terreo. “É sinxelo e bastante barato, así que resulta inconcibible que non se lexisle”, argumentou Gómez.

Segundo os estudos do Laboratorio de Radon de Galicia un 12% das vivendas galegas contan cun nivel de presencia deste gas superior ao que fixan as autoridades sanitarias. Para ampliar estes datos, o Consello de Seguridade Nuclear encargou ás Universidades de Cantabria, Santiago de Compostela e á Autónoma de Barcelona a realización de 8.000 medidas ao longo da xeografía estatal. Esther Gómez, unha das coordinadoras do estudo, explicou que os resultados se darán a coñecer a finais deste 2010.

Os expertos recomendan preocuparse por medir o nivel de radon das vivendas e aplicar un consello sinxelo e eficaz: ventilar. Deixar as ventás abertas durante 10 minutos en cada un dos cuartos dunha casa é a mellor medida para evitar as altas concentracións deste elemento.

Sociedade