Estourido nunha fragata en Ferrol provoca seis feridos leves

Estourido nunha fragata en Ferrol provoca seis feridos leves

26 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O lanzamento fortuito dun dispositivo provocou un estourido na fragata F-102 no Arsenal Militar de Ferrol. Seis militares resultaron feridos e foron evacuados a centros hospitalarios da cidade, onde lle practicaron un recoñecemento e nun primeiro momento non lle observaron feridas de gravidade.

A deflagración no interior da fragata F-102, a Almirante Juan de Borbón, con base no Arsenal Militar de Ferrol, motivou o traslado ao hospital Juan Cardona de cinco mariños que resultaron afectados polo forte estrondo, tal e como informaron fontes militares. Outra persoa foi derivada ao hospital Arquitecto Marcide por feridas nos ollos, aínda que recibiu o alta esta tarde, precisaron fontes sanitarias. Ningún dos afectados -dúas mulleres e catro homes con idades comprendidas entre os 26 e os 37 anos- presenta lesións de gravidade, e foron evacuados aos centros hospitalarios para ser sometidos ás probas médicas pertinentes, xa que resultaron aparvados a causa do forte ruído.
A deflagración, cuxas causas foron investigadas por parte da Mariña, orixinouse nunha peza inerte, sen carga explosiva, para comprobar o sistema de lanzamento de foguetes que teñen como misión facer de reclamo para mísiles inimigos. O incidente se desencadeóu tras o lanzamento fortuíto dun dispositivo durante o exercicio, segundo fontes oficiais. No entanto, a Armada confirmou que, como primeiras medidas, e mentres non se aclaren as causas últimas do accidente, prohibiuse realizar novas probas deste tipo.

Sociedade