EU de Fene, á espera

EU de Fene, á espera

07 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

EU agarda polo resultado das xuntanzas de PSOE e BNG, que se repiten mañán, porque deles tampouco depende quén gobernará dende o sabado o concello de Fene. De haber acordo para a elección de alcalde, EU podería formar parte dun probable goberno co Bloque, co PSOE ou de toda a esquerda. Sí se xogan algo, pero non poden facer nada máis que esperar. Desa espera falamos esta mañán coa candidata electa de EU, Mª Carmen Martín

EU ten pouco que decidir neste momento. Tanto o POSE como o BNG reuníronse con eles por separado para demandarlles o seu apoio ao candidato socialista, Iván Puentes, e ao nacionalista, Juventino Trigo pero, segundo a candidata electa,  Mª Carmen Martínez, a sua contestación foi que se poñan dacordo para un pacto de esquerdas.

De chegar a un acordo Bloque e PSOE, EU estaría disposta a participar nun goberno baixo uns acordos programáticos. De non ser así, o próximo sabado votarán tamén pola sua propria candidata, Mª Carmen martínez.

Esta tarde reúnese o consello local do Bloque fenés. Mañán volverá a haber un encontro entre as duas organizacións, BNG-PSOE, mentras que os socialistas convocaron aos afiliados-as para o xoves dia 9.

Sociedade