EU de Fene concurre en solitario ás municipais

Martínez e Aneiros encabezan a lista que pronto será definitiva
12 de Abril, 2019 - 10:16 h. | Publicada por Radio Fene

Será verdade que en Navantia van entrar mozos e mozas sustituíndo o baleiro que deixan as prexubilacións? É un interrogante de EU de Fene que agarda que pase a campaña electoral para sabelo.

ESCOITA O PODCAST:

EU concurrirá en solitario ás eleccións municipais de Fene. Despois de barallarse posibles alianzas con outras formacións de esquerda, MarIcarmen Martínez, asegura que a candidatura que ela encabeza, seguida de Bruno Aneiros está practicamente pechada e pronto se dará a coñecer. En declaracións esta mañá no espazo As Foxas, Martínez quere crer que Navantia ocupará boa parte das prazas que deixan baleiras os prexubilados, con mocidade, pero estando como estamos en plena campaña electoral, non o cre de todo.

"A falla total de mantenemento da conducción de auga na Ponte das Pías fíxonos chegar a esta situación" afirma a edil de EU de Fene. Martínez agarda que non quedemos sen auga e que chegue axuda das institucións superiores para afrontar as obras dunha nova tubería. Tamén fala na entrevista sobre a situación da confraría de Barallobre ou da zonas azuis de aparcamento pintadas nas principais avenidas de Fene. A edil de EU cre que son necesarias para axilizar o tráfico pero que hai moita improvisación na súa posta en marcha. (na foto Martínez en primeiro termo).

Institucional

Publica o teu comentario agora