EU: Sogama custará a Fene 80.000 € máis

EU: Sogama custará a Fene 80.000 € máis

29 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene non subirá o recibo do lixo como consecuencia da suba do canon que hai que pagar a SOGAMA polo tratamento dos resíduos. Iso sí, Fene gastará 80.000 € anuais nese concepto, cartos que repercutirán no bolsillo dos veciños e veciñas igualmente, segundo critíca a voceira do grupo municipal de EU, Mª Carmen Martínez.

Na comisión de Facenda celebrada onte o concello deixou claro que fará o que faga a Fegamp neste asunto, que de momento é pagar, e négase a sumarse a outros concellos galegos que se negan a asumir ese gasto. No espacio As Foxas de Radio Fene, Martínez explicou a iniciativa veciñal para mellorar o tránsito na rúa de San Valentín onde está o economato de Astano. Unha rúa que en horas punta, entre a afluencia dos clientes e a carga e descarga dos proveedores, é un auténtico caos. Os veciños reclaman, segundo Martínez, unha reforma do tráfico no lugar.

A voceira de EU amosouse contrariada pola non comparecencia da concelleira de Deportes na Comisión de investigación que leva retrasando as explicacións aos grupos da oposición dende febreiro do ano pasado. O asunto ten que ver coas "supostas irregularidades" nos pagos á empresa Eulen, que se encarga do mantenemento das instalacións deportivas. Mª Carmen Martínez explicou que queren explicacións da duplicidade de facturas iguais a duas empresas distintas ou das numerosas facturas de obras extraorninarias que sobrepasan o estipulado no convenio coa empresa adxudicataria.

 

Sociedade