Eu voume para Sillobre, xunto ás miñas lavandeiras

Eu voume para Sillobre, xunto ás miñas lavandeiras

12 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha recreación do traballo das lavandeiras realizará a Asociación Mesturas en Sillobre (Fene A Coruña) o sabado cinco de xullo. Máis de trinta persoas da parroquia colaboran na iniciativa que se desenvolverá no lavadoiro de Emérita, detrás da igrexa de Santa Mariña. Lembrarán os versos que dicían: Quédate con Dios Betanzos/ coas túas betanceiras/ eu voume para Sillobre/ xunto ás miñas lavande

Unha lancha sairá ás 4 da tarde dende Ferrol ata o peirao de Perlío traendo ás lavandeiras. De Perlío partirán a pé co carro e os enxeos de roupa que terán que lavar no lavadoiro de Emérita, por turnos e mesmo ata a noite. No adro parroquial montaranse uns obradoiros de arte en vivo,  pintura, elaboración de xabrón, taracea e papiroflexia. Detrás da igrexa habilitarase unha carpa para degustar uns liscos e viño.
O traballo das lavandeiras de Sillobre era duro porque empezaba recollendo a roupa da xente de cartos en Ferrol o domingo e remataba devolvéndoa á semana seguinte. A recreación do traballo das lavandeiras levaráse a cabo o sábado cinco de xullo pola tarde baixo a dirección do grupo "Ti e máis eu teatro". Organiza a asociación Mesturas coa colaboración da Asociación Veciñal de Sillobre, a sociedade Agarimo, o Concello de Fene e Radio Fene.

Sociedade