Eva Mejuto recupera heroínas do silencio

Eva Mejuto recupera heroínas do silencio
21 de Febreiro, 2019 - 09:02 h. | Publicada por Radio Fene

“Pensamos que os nazis eran enfermos mentais, pero en realidade eran moitos e pregúntome polas circunstancias sociais, políticas e psicolóxicas que fan que a xente acabe metida nunha barbarie tan grande” afirma Eva Mejuto, autora de “Memoria do silencio”. “Eu estaba a estudar sobre a personaxe de Frieda Belinfante, violonchelista, primeira directora de orquestra de Europa, da resistencia antifascista holandesa e lesbiana e cheguei á historia das irmáns Touza de Ribadavia”.

ESCOITA O PODCAST:
Club de lectura de Radio Fene Radiofusión sobre o libro de Eva Mejuto

Lola, Amparo e Xulia eran tres mulleres, sen formación, que vivian en Ribadavia e de maneira silenciosa e altruista, sen ter unha adscripción política, forman parte dunha rede “que salva a persoas coas que non tiñan nada en común”. Teñen moito mérito e non quixeron nunca colgarse medallas, apunta a escritora. “Para os seus netos foi unha sorpresa, non deixaron rexistros escritos pero tiñan unha rede articulada con dous taxistas e un toneleiro que falaba inglés e axudaron a moitos xudeos a escapar da persecución nazi”. “Memoria do silencio” está publicada por Xerais na colección Fóra de xogo.

Cultura

Publica o teu comentario agora