Evitar despedimentos e traballo precario

Evitar despedimentos e traballo precario
13 de Febreiro, 2019 - 12:35 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación Intersndical Galega anuncia a súa intención de facer todo o posible para evitar os despedimentos e a precarización das condicións de traballo en Noa madeira creativa, empresa ubicada no polígono de Vilar do Colo en Fene. O sindicato denuncia o despedimento ou a non renovación do contrato eventual a máis de 40 persoas desde finais de 2018.

Noa madeira creativa

A CIG teme un cambio de estratexia da dirección da empresa, despois da retirada do ERE extintivo anunciado a finais do pasado ano. No expediente os novos donos de Noa -grupo Malasa de Cerceda- auguraban merma da carga de traballo e malas perspectivas de futuro, a pesar de que o ano anterior a empresa batera o seu record de beneficios. A rápida reacción do cadro de persoal e a febleza dos argumentos da dirección, fixeron que o ERE se retirara, segundo a central nacionalista. A CIG denuncia a continuidade das horas extras e o desvio de carga de traballo para as instalacións de Malasa en Cerceda. Igualmente expresa a vontade de loitar polo mantenemento dos postos de traballo e conservar e mellorar as condicións laborais en Noa.

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora