Ex-alumnos da Academia Devesa de Fene reúnense despois de 50 anos

Ex-alumnos da Academia Devesa de Fene reúnense despois de 50 anos

02 de Abril, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ex-alumnos da Academia Devesa de Fene reuniránse nun xantar de reencontro a celebrar no restaurante Mundial de Fene, o sabado 13 de abril ás 15.00h. Un grupo de ex-alumnos organizan a xuntanza para a que se debe reservar praza antes do 9 de abril, ingresando nunha conta na Oficina de Correos o prezo estipulado.

A Academia Balmes, despois Devesa, estableceuse en Fene a principios dos anos 60 e pechou as suas portas no 1974. Alguns dos seus mestres pasaron logo a impartir clases no colexio Jorge Juan que se estableceu en Perlío. A Academia Balmes estaba ubicada na estrada de Lavandeira, a que discurre de Perlío a Sillobre, moi perto do antigo concello e actual Xulgado de paz.

Catro exalumnos organizadores do encontro, son da mesma promoción, ingresando xuntos na academia no ano 1964, cando eran uns infantes de 5 ou 6 anos. Despois  tiveron destinos paralelos porque todos eles entraron a traballar en ASTANO.

A Academia Balmes- Devesa era mixta, toda unha novidade no seu momento pois as escolas nacionais separaban a nenos e nenas por sexos. Coinciden os exalumnos; Carlos Bermúdez, Manuel Fernández, José Luís Antón e José Sardiña, na férrea disciplina que rexía na institución, pero tamén lembran con ledicia os estupendos recreos que discurrían en plena rúa, en plena Nacional 651, cando os coches eran unha “rara avis”. 

Esta mañá reuníronse na emisora municipal, Radio Fene, para lembrar aquela experiencia que queren remamorar no encontro do dia 13 de abril. 

Sociedade